Post

Ola boassss vimos hoxe cun FAQ pra responder dúbidas que poidades ter de cara a seguinte Jam do 5 ao 7 de Xuño! 💀

💀 Que é unha Game Jam? É un evento no que desenvolvedores de videoxogos xúntanse uns días pra facer videoxogos cun tempo de desenvolvemento limitado arredor dun tema. Xeralmente a tradición soe ser que se faga en 48 horas.

0 reposts2 likes

💀 E esto de comezar o Venres… Podo ir só o sábado e domingo coma as anteriores edicións? Queremos facer a proba nesta edición de comezar a Jam pola tarde, pra decir o tema e que es participantes teñan máis tempo. Se non podedes pasar o Venres, non vos preocupedes, vinde o Sábado pola mañá! :)

💀 É se non sei facer xogos ou estou comezando a facelos? Dáme cousiña ir… Non pasa nada! Non premiamos aos mellores xogos, somos unha game jam non competitiva, así que podes vir a intentar facer un xogo e pasalo ben ou aprender algo novo :)