Post

Ola boassss vimos hoxe cun FAQ pra responder dúbidas que poidades ter de cara a seguinte Jam do 5 ao 7 de Xuño! 💀

💀 Que é unha Game Jam? É un evento no que desenvolvedores de videoxogos xúntanse uns días pra facer videoxogos cun tempo de desenvolvemento limitado arredor dun tema. Xeralmente a tradición soe ser que se faga en 48 horas.

💀 E esto de comezar o Venres… Podo ir só o sábado e domingo coma as anteriores edicións? Queremos facer a proba nesta edición de comezar a Jam pola tarde, pra decir o tema e que es participantes teñan máis tempo. Se non podedes pasar o Venres, non vos preocupedes, vinde o Sábado pola mañá! :)

💀 É se non sei facer xogos ou estou comezando a facelos? Dáme cousiña ir… Non pasa nada! Non premiamos aos mellores xogos, somos unha game jam non competitiva, así que podes vir a intentar facer un xogo e pasalo ben ou aprender algo novo :)

💀 Hai algunha limitación ou regra máis? Cumplir o noso código de conducta que está dispoñíbel en corujam.com! No caso dos xogos, a restricción máis importante é que a utilización da IA Xerativa está terminantemente prohibida en todos os ámbitos de creación do videoxogo.

corujam.comLista CorujamLista de links Corujam

0 reposts2 likes

💀 Teremos axuda pra facer o xogo na Jam? Es organizadores axudaremos no que poidamos! Podemos axudar sobre todo con programación en Godot / Unity / Unreal, calquera dúbida de deseño que teñades e Blender ou programas 2D de edición.

💀 Como fago pra apuntarme?? Tes o formulario aquí forms.gle/g3sVx8Y5MGaz...! No mesmo podedes elexir entre apuntarvos sós, en grupo con xente que xa coñecedes ou apuntarvos na procura de grupo. Graciñas por lernos a todes <3 unha aperta xigante.

forms.gleFormulario de Participación CoruJam III - Xuño 2026Corujam III é a terceira edición dunha Game Jam local na cidade de A Coruña. A organización somos dúas persoas, Sara Ballester e Carlos Cortés, e contamos coa inestimábel axuda da Revolteira, que apar...