Cabonorteblog

Cabonorteblog

@cabonorteblog.bsky.social

Blogue de viaxes desde 2009. Viaxes en coche, caravana, mochileiros, en bici, Camiños de Santiago e guías prácticas. www.cabonorteblog.com

91 followers62 following417 posts

A Lagoa de Cospeito. A lagoa foi desecada para uso agrícola nos anos 1956 e 1957 polo Instituto Nacional de Colonización (outro día falarei disto), e recuperada finalmente a partir dos anos 80, en diferentes etapas. Hoxe é un fermoso lugar para pasear e ver paxaros.

Entre a Praia e a Mata Nacional do Camarido (Caminha), están as ruínas da Casa do Cabo Submarino (do antigo telégrafo). O estado deste lugar histórico é moi abandonado.

Ademais, a carón da praia está a Mata Nacional do Camarido, onde podemos durmir nun camping que abre todo o ano. Ao redor, seguindo a costa, hai boas rutas para facer en bici por fermosos paisaxes á beira do Atlántico e do Miño.

Ecovía entre Caminha e Vila Nova da Cerveira.Son 13km da ecovía que percorre a beira portuguesa da desembocadura do Miño, que continúa até Valença.Con esta Ecovía,a Vía Verde a Monção,e o percurso pola costa atlántica,pódese ir en bici desde Viana do Castelo a Monção sempre a beira do mar e do Miño.

Ponte medieval de Rábade sobre o Río Miño. Por aquí pasaba a antiga Nacional VI, da que uns metros antes se pode ver un antigo sinal que pon "Río Miño" ao carón de outra imposible xa de recoñecer.

Ruta de Lugo á Fervenza. Esta ruta, de 15 km (e outros tantos de volta) comeza onde se xuntan o Miño e o Rato preto da cidade de Lugo, e remata no hotel rural da Fervenza. Vai sempre a carón do Río Miño (aínda que poucas veces se ve), por unhas paisaxes ben fermosas do rural galego.

View full thread

Ruta de Lugo á Fervenza. Esta ruta, de 15 km (e outros tantos de volta) comeza onde se xuntan o Miño e o Rato preto da cidade de Lugo, e remata no hotel rural da Fervenza. Vai sempre a carón do Río Miño (aínda que poucas veces se ve), por unhas paisaxes ben fermosas do rural galego.

Pódese facer en bici (de montaña) ou a pé. A ruta non está sinalizada, mais non é fácil perderse, xa que gran parte da ruta está en bo estado, aínda que os últimos 6 km están moi mal mantidos.

Xa de volta despois de case 9000 km en coche e 345 km en bici, nunha viaxe desde Compostela a Oslo en caravana. En breve, publicarei a toda a ruta da viaxe, así como curiosidades e os gastos.

Orthez e Navarrenx son dúas cidades históricas do antigo principado de Béarn, independente entre os séculos XIV e principios do XVII. Durante o século XVI houbo aquí importantes guerras de relixión, debido á conversión ao calvinismo da súa raíña Juana de Albret.

Oradour sur Glane (Francia) é un lugar onde aconteceu unha das masacres contra civís máis coñecidas da Segunda Guerra Mundial. O 14 de xuño de 1944, un comando das Waffen SS alemás asesinou a toda a xente que se encontraba nesta localidade, un total de 643 persoas, e despois prendeu lume ao lugar.

Ao rematar a guerra, Charles de Gaulle na súa visita, ordenou deixar Oradour tal como quedou ese día, para ser un lugar de memoria ás vítimas. Así, hoxe pódese lembrar o acontecido camiñando polas rúas do antigo Oradour, vendo as casas, negocios, a igrexa e mesmo o cemiterio e memorial.

En Valençay (Francia), ademais do castelo hai un bo museo do automóbil. Entre grandes xoias da automoción francesa, está esta unidade de Citroën M35, co motor de ciclo wankel (sen pistóns). No logo de Citroën pódese ver tamén a figura do rotor wankel.

O Castelo de Valençay ten unha gran importancia na historia do estado francés e español. No primeiro, por ser a residencia do relevante político da Revolución Talleyrand. No segundo, por ser aquí onde estiveron Fernando VII e familia durante a Guerra de Independencia.

Antiga rotonda ferroviaria de Bénestroff. Impresionantes ruínas dunha rotonda ferroviaria e talleres no nordeste de Francia. Un imprescindible para os amantes dos sitios abandonados.

E así como os franceses tiñan a Liña Maginot, os alemáns tiñan a Liña Sigfrido, moito menos desenvolvida que a dos seus veciños. Ao contrario que na parte francesa, na beira alemá pouco fica desta liña. Na zona de Saarbrücken, só encontrei esta barreira antitanques abandonada no medio dun bosque.

En Francia, preto da fronteira con Alemaña, aínda se conservan numerosos restos da Liña Maginot. Algúns, como o de Simserhof, cun estado de conservación inmellorable, pódese ver con visita guiada. Outros, como o de Laudrefang, foron restaurados por voluntarios.

Siderurxia de Völklingen. Estes altos fornos situados na cidade alemá de Völklingen, preto da fronteira con Francia, son unha testemuña extraordinaria de patrimonio industrial. En funcionamento desde o século XIX ate o 1986, foi declarada posteriormente Patrimonio da Humanidade.

Ruta polos arredores do Hoherodskopf. Este alto, non moi lonxe de Frankfurt (Alemaña), está rodeado de bosques mixtos de coníferas e frondosas, xeralmente piceas e faias. Tamén hai outras especies típicas destas latitudes e altitude, como pino silvestre e o capudre.

Puttgarden, onde chegamos no ferry desde Dinamarca, está na illa de Fehmarn, xa en Alemaña. Esta illa é un destino moi habitual para os turistas alemáns, con moitos campings cheos nos meses de verán. No sur da illa visitamos este submarino alemán U-boot U11.

Desde o Sur de Suecia voltamos ao Norte de Alemaña. É un traxecto bastante caro, xa que hai que pagar a peaxe da Ponte do Oresund (case 8 km de ponte entre Malmö e Copenhague), e o ferry entre Rødby (Dinamarca) e Puttgarden (Alemaña).

Debido á pouca densidade de poboación de Suecia, soe haber moito espazo. Así por exemplo, sempre hai espazo para ir á compra mesmo coa caravana enganchada. A gran sorpresa foi o prezo do combustible, sen dúbida o país máis barato de toda a viaxe, uns 1.4€ litro de media.

Este DC 3, cun estado de conservación excelente, utilizouse durante a Segunda Guerra Mundial en distintas operacións, coma no Desembarco de Normandía. Está en Karlsborg (Suecia), unha bonita cidade a carón do Lago Vättern.

Illa de Utøya (Tyrifjorden, Noruega). Esta illa é coñecida polos atentados de Noruega do 2011 onde,tras unha bomba en Oslo, o asesino (vinculado coa extrema dereita) accedeu a esta illa e matou a un total de 69 persoas.Hoxe hai un memorial no porto de acceso á illa co nome de cada un dos asesinados.