David Paz Nóvoa

David Paz Nóvoa

@madialevo.bsky.social

Mestre e xornalista. Ourensán en Arousa. Libros vellos e prensa antiga. Ás veces saco fotos. Cultura galega 🩵

172 followers164 following20 posts

David Paz Nóvoa reposted

3, 2, 1... dentro Erros de Raccord! 📽️🎞️ En Obradoiro Dixital Galego damos a benvida á nova publicación do sector cinéfilo da nosa asociación ✨ Canles como A Corte do Director, Cinema Caníbal, Kinocube, Galician Freaky Film Festival, Lilium e a Caixa Negra da Nostromo argallaron un fanzine ... (1/3)

Lembraremos tamén o ourensán Xerardo Álvarez Gallego no 125 aniversario do seu nacemento, autor dunha das obras máis emocionantes da historia do galeguismo: a vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda.

Non podo dicir máis por non comprometer a ninguén, pero a galegofobia que temos instalada na administración educativa deste país (delegación de Pontevedra) é para flipar 🤮 A maior responsabilidade dos que defendemos a lingua galega é non errar nas estratexias.

View full thread

Sinalar a quen non fala galego ou a quen o fala mal é dunha torpeza maiúscula. Fóra do ámbito escolar, só se corrixe a aquelas persoas que desexan ser corrixidas. Teremos que dar algunha alternativa algo máis intelixente, digo eu.

Non podo dicir máis por non comprometer a ninguén, pero a galegofobia que temos instalada na administración educativa deste país (delegación de Pontevedra) é para flipar 🤮 A maior responsabilidade dos que defendemos a lingua galega é non errar nas estratexias.

Os dous sitios máis solemnes onde tiven a oportunidade de falar foron o salón nobre do Liceo de Ourense e o salón de plenos da Deputación, pero o primeiro é realmente impresionante polo que ten de fermoso e de histórico.

Impartín no ano 2004 unha conferencia sobre os inicios do cine en Ourense e, despois da morte do meu pai en abril do 2021, participei en varios actos de homenaxe. Meu pai foi condecorado a título póstumo coa Medalla de Ouro da Provincia de Ourense.

Recordo ben o sitio exacto da fotografía: a capela do Pilar, restaurada e convertida en salón de actos polo concello de Corcubión a finais da década de 1980. Seguramente eu estaba gravando en VHS o acto de inauguración dalgunha escola de verán que meu pai organizaba por aquela época.

You are up to date.