Museos Científicos Coruñeses

Museos Científicos Coruñeses

@mc2coruna.bsky.social

Tres centros interactivos de ciencia na Coruña ➡️ CasaCiencias, Domus, Aquarium Finisterrae. 📣 Prohibido non tocar, prohibido non pensar, prohibido non soñar. www.coruna.gal/mc2

166 followers104 following187 posts

Fin de semana longa, con 4 sesións de planetario na CasaCiencias todos os días 🥳 > Sábado 10, domingo 11, luns 12 outubro 11:30 «Polaris» (gal, > 6 anos) 13:00 «3CLIPSE» (cast, > 10 anos) 17:00 «Hazelnuts» (cast, de 4 a 6 anos) 18:00 Sesión en directo (cast/gal, > 10 anos)

➡️ As algas retiradas da parede da piscina das focas do #aquariumfinisterrae🦈🦀🐙 reutilizáronse nunha sesión de enriquecemento ambiental, actividade que as estimula física e mentalmente. As focas 🦭🦭🦭 mostráronse curiosas e interactuaron con este recurso natural 💚

🦭O equipo de mantemento do #aquariumfinisterrae🦈🦀🐙 realiza labores habituais de acondicionamento das instalacións. Esta vez retiraron algas da parede da piscina das focas. Mais o equipo de bioloxía mariña pensou en darlles unha utilidade moi especial 💭 Continuará…

View full thread
View full thread
View full thread
View full thread
View full thread

📢 Horarios de apertura desde o 1 de setembro: Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae abren de luns a domingo de 10 a 19 horas. Último acceso no Aquarium 1 hora antes do peche; en Casa das Ciencias e Domus, 30 minutos antes do peche.

Congros, maragotas, escarapotes, rodaballos, moreas… os tanques da sala Maremagnum do Aquarium Finisterrae mostran a diversidade de especies dos ecosistemas mariños galegos. #museoscientificoscoruñeses #aquariumfinisterrae 🦈 🦀 🐙 #mar #oceano #acuario #museo #coruna

Museos Científicos Coruñeses reposted

Nunha eclipse total de Sol experimentamos con todos os sentidos os cambios na luz, temperatura, os sons da natureza... As persoas con discapacidade visual poden seguila con dispositivos que converten os cambios de luz en sinais acústicas. Pero nada como compartir a experiencia con outras persoas.

🌙 Así percorrerá a sombra lunar a superficie terrestre o próximo mércores 12 de agosto pouco antes do solpor, o que permitirá ver unha eclipse de Sol total no terzo norte da Península Ibérica, incluída a Coruña. Vídeo extraído do programa de planetario «3CLIPSE» ⬇️