BNG - Bloque Nacionalista Galego

BNG - Bloque Nacionalista Galego

@obloque.gal

Bluesky oficial do Bloque Nacionalista Galego. Para que coñezas o que facemos por Galiza e por ti. Nós nas redes: https://i.mtr.bio/obloque Web: https://www.bng.gal/

3.9K followers171 following2.3K posts

"Nestes anos demostramos que ter voz propia en Madrid serve para conquistar avances importante para Galiza e para defender sen ataduras os nosos dereitos. Néstor Rego foi a voz de Galiza en todos os temas que afectan á vida das galegas e dos galegos. Agora toca dar un paso máis. 💙🤍 #EnGalizaBNG"

Facerlle fronte á involución reaccionaria en Galiza pasa por deixar a cero os escanos de VOX e reducir os do PP. Imos conseguir ambos obxectivos se facemos que o voto de país e o voto que quere avanzar en dereitos e liberdades se concentra no BNG. Grazas a Anova polo seu apoio. #EnGalizaBNG

PP e Vox: dous partidos e unha mesma axenda. Unha alianza para facer retroceder dereitos, alimentar o discurso do odio e impor a súa visión centralista fronte á pluralidade do Estado e ao dereito de Galiza a decidir o seu futuro. #EnGalizaBNG 💙

🇧🇷 BNG felicita a Lula da Silva polo triunfo histórico nas presidenciais do Brasil 🇧🇷 Un triunfo popular da democracia, a xustiza social e a dignidade, na defensa da soberanía do Brasil fronte á extrema dereita e as inxerencias estranxeiras. www.bng.gal/articulo/nov...

bng.galBNG felicita a Lula da Silva polo triunfo histórico nas presidenciais do Brasil, en favor da democracia e fronte ao fascismoA Executiva Nacional do BNG celebra a vitoria do candidato do Partido dos Trabalhadores e actual presidente do Brasil, Lula da Silva, na segunda volta das el...

Bora, Lula! Todo o apoio e parabéns a Lula e ao pobo brasileiro. Hoxe gañou a democracia, a xustiza social e a dignidade do pobo fronte a ultradereita. Desde Galiza, un abrazo fraterno ao Brasil. ✊🇧🇷

📢  📚   𝙁𝙚𝙞𝙟𝙤́𝙤 𝙥𝙧𝙤𝙢𝙚𝙩𝙚 𝙚𝙡𝙞𝙢𝙞𝙣𝙖𝙧 𝙪𝙣 𝙞𝙢𝙥𝙤𝙨𝙩𝙤... 𝙦𝙪𝙚 𝙭𝙖 𝙣𝙤𝙣 𝙨𝙚 𝙥𝙖𝙜𝙖 𝙜𝙧𝙖𝙯𝙖𝙨 𝙖𝙤 𝘽𝙉𝙂❗ Foi o BNG quen negociou e presionou ao Goberno para garantir que as persoas que cobran o salario mínimo non paguen IRPF. Fronte as trolas e os "bulos", a política útil, social e galega do BNG.  #EnGalizaBNG #Xerais2026

Galiza merece máis. E imos defendela con máis forza ca nunca! ✊💙 Presentamos as catro cabezas de lista do BNG ás eleccións xerais do 29 de novembro: persoas comprometidas co país, cos dereitos da maioría social e coa defensa dos intereses de Galiza en Madrid. O 29-N, en Galiza, BNG! 💙

Para facer valer os intereses de Galiza en Madrid. Para avanzar en dereitos e defender a vida digna. Para frear á dereita. Agora, con máis forza! Imos a por todas o 29N. É o momento.  #EnGalizaBNG

▶️ BNG aproba as candidaturas ás xerais do 29N que lideran Néstor Rego, Carme da Silva, Ollala Rodil e Noa Presas ▶️ “Queremos máis forza en Madrid para defender Galiza e unha vida digna para a xente deste País” #EnGalizaBNG www.bng.gal/articulo/nov...

bng.galBNG aproba as candidaturas ás xerais do 29N que lideran Néstor Rego, Carme da Silva, Ollala Rodil e Noa Presas“Queremos máis forza en Madrid para defender Galiza e unha vida digna para a xente deste País”, proclama Ana Pontón no Consello Nacional

▶️ Néstor Rego: “O BNG é a única alternativa real na defensa da Galiza” ▶️ “O BNG foi a única forza que logrou avances, non só en infraestruturas, senón tamén en dereitos e servizos, que permitiron mellorar a calidade de vida dos galegos e galegas”. www.bng.gal/articulo/nov...

bng.galNéstor Rego: “O BNG é a única alternativa real na defensa da Galiza”O deputado do BNG puxo en valor o traballo do BNG nas Cortes, como “a única forza que logrou avances, non só en infraestruturas, senón tamén en dereitos e se...

BNG - Bloque Nacionalista Galego reposted

̶R̶e̶p̶r̶e̶s̶i̶ó̶n̶ ̶p̶o̶l̶i̶c̶i̶a̶l̶.̶ ̶F̶a̶s̶c̶i̶s̶m̶o̶.̶ ̶L̶e̶i̶ ̶M̶o̶r̶d̶a̶z̶a̶.̶ 🚨 QUE NON TE CALEN, MOBILÍZATE! ▶️ Na Galiza dereitos, democracia e liberdade! ▶️ Participa nas mobilizacións do domingo 25 de outubro nas 7 cidades galegas!

▶️ Ana Pontón: “Fronte ao negacionismo científico da dereita reaccionaria, o BNG propón máis ciencia e máis investigación” ▶️ #PropostasBNG: o 3% do orzamento 2027 á I+D+i e que o Goberno estatal aumente o financiamento do sistema científico galego www.bng.gal/articulo/nov...

bng.galAna Pontón: “Fronte ao negacionismo científico da dereita reaccionaria, o BNG propón máis ciencia e máis investigación”Medidas concretas: que a Xunta destine o 3% do orzamento 2027 á I+D+i e que o Goberno estatal aumente o financiamento do sistema científico galego

▶️ Néstor Rego apelou a que o 29N ninguén “fique na casa porque na Galiza hai alternativa, está o BNG” ▶️ “Somos a única forza política que sobe na Galiza. Hai esperanza para o noso país no BNG”. www.bng.gal/articulo/nov...

bng.galNéstor Rego apelou a que o 29N ninguén “fique na casa porque na Galiza hai alternativa, está o BNG”Néstor Rego: “Somos a única forza política que sobe na Galiza. Hai esperanza para o noso país no BNG”.

O PP é experto en crear bulos e usar IA para atacar o BNG. E ten na TVG e na Radio Galega quen lle faga o traballo. A nós non nos fai falta IA para mostrarche ao Feijóo de verdade, sen a protección mediática que tiña aquí.  Adiante video 📼

A TVG volve ciscar o seu lixo desinformativo sobre o BNG. Non fan información: fan propaganda partidista ao servizo do PP. A sociedade galega merece uns medios públicos dignos, que informen con rigor e respecten o dereito da cidadanía a recibir unha información veraz.

▶️ “Galiza precisa ter voz propia no Estado cun BNG máis forte” ▶️ Néstor Rego: “Afrontamos estas eleccións con confianza porque sabemos que o pobo galego quer facer valer as súas necesidades e que aposta cada vez máis polo BNG” www.bng.gal/articulo/nov...

bng.gal“Galiza precisa ter voz propia no Estado cun BNG máis forte”Néstor Rego: “Afrontamos estas eleccións con confianza porque sabemos que o pobo galego quer facer valer as súas necesidades e que aposta cada vez máis polo ...
View full thread

▶️ Pontón acusa a Rueda de ser unha máquina de pobreza e desigualdade coas súas políticas en contra da maioría social ▶️ Defende unha #TarifaEléctricaGalega para abaratar o prezo da luz nun País no que xa hai 600.000 persoas en risco de pobreza ou de exclusión social www.bng.gal/articulo/nov...

bng.galPontón acusa a Rueda de ser unha máquina de pobreza e desigualdade coas súas políticas en contra da maioría socialDefende unha tarifa eléctrica galega para abaratar o prezo da luz nun País no que xa hai 600.000 persoas en risco de pobreza ou de exclusión social Propón de...