Leticia (ptdiletante noutras redes)

Leticia (ptdiletante noutras redes)

@letibe.bsky.social

Mestra de infantil (tardía e novata) sen vocación e antisistema (educativo). Nai (histérica) de tres alumnos dos que abren furados nel -para que entre o aire e a luz-. Anticapacitista: a inclusión non se fai soa.

144 followers155 following339 posts

Para extinguir o incendio hai que deixalo sen aire, neste caso, sen atención de ningún tipo.

Cascarelo@cascarelo.bsky.social

1️⃣ O algoritmo sempre premia a atención e a interacción. Considera relevante un asunto en función de cantas persoas falan del, canto tempo dedican a velo e como interactúan. Por iso, ao nos interesarmos por un tema, comezan a aparecer nos nosos feeds máis contidos relacionados con ese tema.

Ao fío disto de @mariaartze.bsky.social en Luzes, que se non atina ten bastante sentido, a miña percepción como a mestra de infantil é que as oportunidades de ensaiar a rebeldía empezan a perderse mesmo antes da escola, cando nas casas as familias se inhiben de exercer como autoridade.

O Arce Exterminador@mariaartze.bsky.social

Se vós ou as vosas bibliotecas estades subscritas á Luzes, no número deste mes podedes ler un texto meu a reflexionar sobre o baleiro de autoridade na educación e os actores que loitan por ocupalo. revistaluzes.com/2026/09/pisa...

Que desesperación ter atopado en menos de cinco cursos demasiadas persoas que me fan comprender o discursos de tantos docentes sobre as familias, a cultura escolar de que son o inimigo. Por moito que me repita que os sacos de merda tamén teñen fillos e os levan á escola. Así non se pode.

Pídovos que sexades honestas: se no canto de retirarlles o voto ás persoas nacionalizadas propuxese facelo ás persoas con discapacidade intelectual (de novo, como ata hai nada) poñeríades as barbas a remollar ou vos parecería ben? Porque hai cidadanías de segunda que sempre nos caen máis lonxe.

Os meus fillos (14, 11) acaban de preguntar "Podemos... -peticion random, probablemente sobre as música do coche- ?" E no canto de afirmar co verbo como sería de seu, afirmei cun "Frente Amplio". E pillárono. Que xenes, meus pobres.

Sei que o velorio público ten unha función, pero non me decido se é a de fixar o relato da vida e morte da persoa a base de contalo mil veces ou a de levar o corpo e a cabeza dos familiares ao esgotamento para vencer os bloqueos e deixar saír a tristura toda.

Seguimos para bingo: despois de reclamación e conversa con asistencia social, alta domiciliaria con asistencia ambulatoria. Onte. Hoxe crise de axitación, e a médico de urxencia a manda de novo ao hospital porque non está para asistencia ambulatoria. Insisto, a unha paciente terminal de 94 anos.

"Non é infradotación, é inhumanidade", capítulo n: despois de ofrecer hospitalización domiciliaria, solicitar enderezo e tempo para a xestión, probar a reacción aos parches de fentanilo, ... onte alguén informou á familia que nunca fora candidata a tal cousa e que entenderamos mal e que para casa.

Unha máis: onte a médico plantea sedación se hai máis atragantamentos, alteracións ou necesidade de medicamento inxectado nun. Deixa esas instrucións. Consentimos. Prodúcense as tres cousas. A médico de hoxe decide agardar. Dúas horas despois ten un afogo coa flema. O de evitar sufrimento, xa tal.

"Non é infradotación, é inhumanidade", capítulo n: despois de ofrecer hospitalización domiciliaria, solicitar enderezo e tempo para a xestión, probar a reacción aos parches de fentanilo, ... onte alguén informou á familia que nunca fora candidata a tal cousa e que entenderamos mal e que para casa.

Un mes despois houbo que volver a urxencias por dor insoportable (aínda sen o TAC prescrito no 1o ingreso, que ía ser en 10 días): sospeita de tumor linfático inoperable. Todo o que lle pautan para a dor é paracetamol e ibuprofeno. Síntoo, pero iso non é privatización, é xerontofobia e inhumanidade.

Preciso: que non exista praza nese servizo para quen o necesita é infradotación. Facerlle luz de gas á filla dalguén que está morrendo para ocultar esa infradotación é inhumanidade: como non tes abondo con que túa nai estea morrendo sen que poidamos aliviarlle a dor ímoste facer sentir imbécil.

Un mes despois houbo que volver a urxencias por dor insoportable (aínda sen o TAC prescrito no 1o ingreso, que ía ser en 10 días): sospeita de tumor linfático inoperable. Todo o que lle pautan para a dor é paracetamol e ibuprofeno. Síntoo, pero iso non é privatización, é xerontofobia e inhumanidade.

Da saturación de urxencias, nada que non saibades: máis de cinco horas de espera para ver o médico unha persoa de 93 anos con convulsión e perda de conciencia (e ningunha dignidade na espera). Pero é incrible como se dá por feito que todo paciente ten alguén que o acompañe e se faga cargo.

Non me facedes caso: ollo aí a esa camisa (e ese pichi) cun estampado que tanto se levaba en Eaton Place en 1910 como nas tapizarías da lista de voda de meus pais en El Pote hai 50 anos.

E ademais desas perlas (e de ter que explicarlles aos fillos quen foi Valerio Lazarov) mola moito ver como a moda dos setenta de cola no vestiario de principios de século: eses botóns, esas solapas, eses vestidos laranxas e amarelos con estampados psicodélicos...

Humildade cero: adoita pasarme coa maioría do que escribo pasado o tempo (de feito, adoito alucinar de que eu fose quen de escribir iso). Por iso teño tanto medo a que sexa unha merda gordísima: non serei eu quen o detecte.

Sue Cowley@suecowley.bsky.social

Loving that thing where you reread the bit of a book you've already written to tweak it and you think 'that's actually really good' rather than 'that's a bit crap'. 😂

Teño tres fillos, un deles dependente. Asumín o risco de non traballar ata que o pequeno tivo 6 e saíume ben (de casualidade). Desde que traballo temos máis cartos, pero vivimos ben peor, e iso que as necesidades de crianza minguaron moito. Creo foi correcto pero non llo recomendaría a ninguén.

Colina Flamenca @eneriodima.bsky.social

Yo insisto: el 90% de mis problemas con la maternidad se pasarían con una reducción de jornada remunerada

Por unha serie de acontecementos, estamos vendo en familia Arriba e Abaixo, a serie do 71 (por desgraza sen dobraxe galega). Levamos oito capítulos e: suicidio, adulterio feminino, homosexualidade, espionaxe, embarazo e aborto clandestino. E aínda quedan catro tempadas e media!

View full thread

E ademais desas perlas (e de ter que explicarlles aos fillos quen foi Valerio Lazarov) mola moito ver como a moda dos setenta de cola no vestiario de principios de século: eses botóns, esas solapas, eses vestidos laranxas e amarelos con estampados psicodélicos...

Por unha serie de acontecementos, estamos vendo en familia Arriba e Abaixo, a serie do 71 (por desgraza sen dobraxe galega). Levamos oito capítulos e: suicidio, adulterio feminino, homosexualidade, espionaxe, embarazo e aborto clandestino. E aínda quedan catro tempadas e media!

Hoxe (grazas a un atentado sufraxista) puidemos escoitar a segunda mellor frase da serie, un home dicindo "Non teño ningún interese personal no asunto (o asunto era sacar as sufraxistas do cárcere para poder ligar cunha delas), eu xa teño dereito ao voto".

Da saturación de urxencias, nada que non saibades: máis de cinco horas de espera para ver o médico unha persoa de 93 anos con convulsión e perda de conciencia (e ningunha dignidade na espera). Pero é incrible como se dá por feito que todo paciente ten alguén que o acompañe e se faga cargo.

Non hai moito puxen unha reclamación porque estando nunha exposición cos meus fillos (10 e 12 anos) o garda de seguridade dedicouse a perseguilos a un metro de distancia por toda a instalación sen que eles estivesen facendo nada diferente ao resto do publico. Pero a "niñofobia" non existe.

En verdad cuando tienes niños te das cuenta de lo hostil que es todo para ellos, personalmente no me importa que haya sitios sólo para adultos si los niños pudieran estar bien en el puto resto de espacios. Hablo de parques decentes, calles sin coches, ludotecas y sitios seguros *gratis*

E aínda así a min si me preocupa que haxa espazos cuxa promoción sexa explicitamente a ausencia de crianzas. Existen moitas exclusións en moitos tipos de locais, a inmensa maioría por poder adquisitivo, pero non se toleraría que se publicitasen como "Pobres free", aínda que fose un só no mundo.

Isto sempre: o STEM máis accesible e o máis infravalorado do mundo.

Sirisha Rambhatla@sirisha-r.bsky.social

100% true. Expertise associated with women is systematically undervalued. Knitting, weaving, and sewing each involve extensive programming, material science, and engineering design. Yet, these are not seen from these perspectives.

Sei que non é o crucial, pero habería que ver as cifras da evolución das medidas disciplinarias neses centros. Se eses métodos "funcionasen", as medidas serían cada vez menos necesarias, non? E non só porque marche o alumnado que non pode cumprilas. (Ou sexa, se imos á evidencia imos con todo)

Manuel Fernández Navas@nolo14.bsky.social

Por cierto, pequeño detalle de la noticia: los resultados académicos de estas escuelas habían mejorado. Así que supongo que, como dicen los de "la evidencia"… “funcionaba” 🙃 (3/5) https://x.com/nolo14/status/2025525949798781130?s=61

Exactamente a isto me refería o outro día, aplicándoo ao sistema educativo pero moi consciente de que vale en xeral para todo: o contexto e as condicións teñen que facer doado facelo ben. O contrario non se sostén.

Xan López@xanlopez.net

El objetivo estratégico siempre tiene que ser transformar la infraestructura (física o social) que nos lleva a “hacer lo correcto” sin pensarlo demasiado. Todo lo que dependa de esfuerzos voluntarios puede tener sentido como medio para llegar ahí, pero nunca puede sostenerse a largo plazo.

Leticia (ptdiletante noutras redes) reposted

"El Premio Nacional de Discapacidad Reina Letizia de defensa de los derechos humanos de las personas con discapacidad ha recaído en Rubén Calleja, por constituir un ejemplo paradigmático del mejor activismo de defensa del derecho a la Educación inclusiva. ¡Enhorabuena, Rubén!" (Quererla es Crearla)